cab

cab

jueves, 31 de julio de 2014

VICTORIA ALEMANA EN PORTUGAL DONDE TORRES LIDERA A MONTAÑA.

O ciclista do Team Stolting Phil Balhaus sorprendeu no primeiro e quizáis único sprint masivo que se disputou na 76-Volta a Portugal. Balhaus gañou na meta de Maia por diante de Manuel Cardoso(BIC-Tavira) e Davide Vigano (Caja Rural). A xornada foi plácida para os corredores galegos da OFM, Gustavo Veloso (47) e Delio Fernández (25) que entraron co pelotón principal. O vilagarcián continúa segundo na xeral e o moañés ascende a oitava posión a catro e vinte segundos respectivamente do lider da proba, Víctor de La Parte. Descolgado entrou na meta o coruñés Pablo Torres (Burgos-BH),a 5 minutos e 57 segundos do vencedor, e ocupou o posto 127, pero coa satisfacción de subir ao podium ao remate para vestir a camisola de líder da montaña xa que o galego estivo durante máis de 160 kilómetros na fuga de catro ciclistas que comandou a proba durante a meirande parte do día. Mañá tera lugar a segunda etapa da proba lusa entre as localidades de Gondomar e Braga sobre unha distancia de 171,8 kilómetros e cun perigoso circuito final onde os corredortes deberán subir tres veces o alto de Samieiro-Bom Jesus de segunda categoría Escoita as impresións de Pablo Torres.

REGUEIRO QUINTO EN LA VOLTA A PORTUGAL JUNIOR

Con buen pié comenzó la selección gallega de ciclismo junior su participación en la Volta a Portugal de la categoría ya que el santiagués Alejandro Regueiro ocupó la quinta posición en la primera etapa que se disputó entre Penafiel y Maia sobre una distancia de 92 kilómetros. Además, el equipo de Ángel Vidal metió un total de seis ciclistas en el pelotón principal por lo que la selección "irmandinha" es segunda en la general por equipos de la ronda lusa con el mismo tiempo del equipo The Bathco. Mañana tendrá lugar la segunda etapa de la competición entre Esposende y Braga.

EL " CASO MARQUE" SE RESOLVERA EN HORAS.

Casi ocho meses después, el estradense Alejandro Marque, verá la luz al final del túnel. Según las informaciones que hemos recabado el actual vencedor de la ronda portuguesa ya tiene en su poder la resolución del Comité de Competición de la RFEC. En las próximas horas,la RFEC y el ciclista, harán pública una decición que permitirá a Marque volver a la competición sin ningún tipo de impedimentos.La primera palabra sobre su futuro inmediato estará en la decición de Abarca Sports, propiedad de Movistar Team, sobre el contrato que liga a ambas partes hasta el 31 de Diciembre de 2015.

ACTIVIDADES EN GALICIA PARA A FIN DE SEMANA

O primeiro fin de semana do mes de agosto terá as seguintes actividades en Galicia. CICLISMO EN ESTRADA: --TROFEO CONCELLO DE CAMBRE. SÁBADO 2 de AGOSOTO. Horario escolas:16,00 horario cadetes:17,30 BTT --CICLOTURISMO.SABADO 2 de AGOSTO. "12 HORAS BTT ABEGONDO". --MINI BTT.DOMINGO, 3 de AGOSTO. "TROFEO GULANS".Horario. 10.30. --DESCENSO.DOMINGO,3 de AGOSTO. "TROFEO VILA DE SARRIA". Horario : 16.00 Ademáis a selección galega junior participará desde hoxe na Volta a Portugal desta categoría.Os escollidos polo seleccionador Anxo Vidal son :Jon Ander Tomé (C.C. Cambre),Diego Gonzalez (C.C. Cambre),Cristian Mota (E.C. Redondela),Samuel Soto (E.C. Redondela),Raul Fernandez (C.C. O Rosal),Alejandro Regueiro (C.C. Muebles Compostela),Xoel Dias(C.C. Muebles Compostela)e Victor Pombo (C.C.Vigués).

PABLO TORRES LIDER DA MONTAÑA EN PORTUGAL

O coruñés Pablo Torres é o primeiro lider da clasificación da montaña da 76-Volta a Portugal ó ser o millor dos catro ciclistas que están a protagonizar a escapada do dia da primeira etapa da proba luso no único porto puntuable do día. Torres vai escapado xunto os portugueses Luis Afonso, Samuel Magalhaes e o xaponés Kazuhige Kubok. O coruñés espresaba a galiciaenbicis na saida da etapa a sua esperanza de poder coller a fuga boa do día, podédelo oir no audio da entrada anterior.
Pablo Torres coa camisola de líder da montaña

miércoles, 30 de julio de 2014

Veloso segundo e Delio noveno en Portugal

  A 76 Volta a Portugal comenzou de xeito moi bo para os dous galegos do OFM. Gustavo Veloso foi segundo a catro segundos do gañador do prólogo, Víctor de la Parte (Efapel ) e Delio Fernández foi noveno a 20 segundos do gañador .A contra-reloxo que iniciou a edición de 2014 da Volta a Portugal disputouse baixo un intenso calor na localidade de Fafe sobre un percorrido de 6,8 Kilómetros. Maña xoves terá lugar a primeira etapa entre Lousada e Maia vin percorrido de 183 kilómetros que semella ideal para os velocistas.

Escoita as impresión de Veloso desta prólogo da volta.

Escoita as impresións de Delio desta prólogo da volta.


Escoita as impresións de Pablo Torres.

TROCO DE DIRECTOR NO OFM-QUINTA DO LIXA


  Os momentos previos o inicio da 76-Volta a Portugal foron moi movidos no equipo OFM-Quinta do Lixa, cadro do que forman parte os ciclistas galegos Gustavo Veloso e Delio Fernández.

  O equipo leva varios meses sen pagar o salario dos ciclistas e onte acordaron destituir ao director deportivo e responsable financieiro da formación, José Barros.

  Para sustituir a Barros foi nomeado director interino o ex-corredor andaluz Jesús Rosendo que formou parte do equipo de Valongo na tempada pasada.

  Pola sua banda o novo responsabel finacieiro do equipo vai ser o ciclista Nuno Ribeiro que xa é o presidente da Unión Ciclista Sobrado, entidade que é a matriz do OFM-Quinta da Lixa.

  Con todo este troco os ciclistas tiveron que agardar ata que a UCI autorizou estes cambios, as once da mañá de hoxe, só cinco horas antes do inicio da proba, para estar debidamente autorizados a participar na Grandissima.

   Susto para Delio e Gustavo que case quedan sin poder tomar parte na proba que para eles e o grande obxetivo da temporada.

   Canto o futuro económico da formación, semella que as cousas van ben encamiñadas xa que estrearán nesta Volta a Portugal un terceiro patrocinador W52, a empresa de roupa de Adriano Quintanilha que xa estivera no ciclismo portugués patrocinando equipos na década dos 90.

   Quintanilha anunciou tamén na prensa lusa que xa pediu orzamentos para ser o patrocinador principal da formación de Sobrado na vindeira época, o  2015

martes, 29 de julio de 2014

76 VOLTA A PORTUGAL


  Maña, mércores 30 de xullo, comenzará en Fafe a 76 Volta Ciclista a Portugal, nesta edición de "a Grandissima" van participar tres ciclistas galegos: Gustavo Veloso, Delio Fernández e Pablo Torres.
 
  A Volta a Portugal está a ser fonte de triunfos nos últimos anos para os ciclistas galegos xa que das últimas oito edicións seis foron gañadas por corredores da nosa terra...cinco por David Blanco (2006,08,09,10 e 12 )
 e a do ano 13 por Alex Marque.
 
   O estradense non poderá defender a sua victoria do ano pasado por esas inxustizas que sofre o mundo do ciclismo nas suas sancións disciplinarias xa que Marque ainda non foi sancionado oficialmente e moito nos tememos que o seu caso, como ocorreu no se dia con Ezequiel Mosquera, quede no esquecemento.

  A proba portuguesa principiará mañá cun prólogo contra-reloxo individual en Fafe e os galegos partirán nestes horarios:
   --15.25: Pablo Torres
   --17.04: Delio Fernández
   --17.20: Gustavo Veloso

   Coa información diaria desta proba comenzaremos esta apaixoante aventura ao través deste blog.