cab

cab

martes, 29 de julio de 2014

76 VOLTA A PORTUGAL


  Maña, mércores 30 de xullo, comenzará en Fafe a 76 Volta Ciclista a Portugal, nesta edición de "a Grandissima" van participar tres ciclistas galegos: Gustavo Veloso, Delio Fernández e Pablo Torres.
 
  A Volta a Portugal está a ser fonte de triunfos nos últimos anos para os ciclistas galegos xa que das últimas oito edicións seis foron gañadas por corredores da nosa terra...cinco por David Blanco (2006,08,09,10 e 12 )
 e a do ano 13 por Alex Marque.
 
   O estradense non poderá defender a sua victoria do ano pasado por esas inxustizas que sofre o mundo do ciclismo nas suas sancións disciplinarias xa que Marque ainda non foi sancionado oficialmente e moito nos tememos que o seu caso, como ocorreu no se dia con Ezequiel Mosquera, quede no esquecemento.

  A proba portuguesa principiará mañá cun prólogo contra-reloxo individual en Fafe e os galegos partirán nestes horarios:
   --15.25: Pablo Torres
   --17.04: Delio Fernández
   --17.20: Gustavo Veloso

   Coa información diaria desta proba comenzaremos esta apaixoante aventura ao través deste blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.