cab

cab

jueves, 31 de julio de 2014

VICTORIA ALEMANA EN PORTUGAL DONDE TORRES LIDERA A MONTAÑA.

O ciclista do Team Stolting Phil Balhaus sorprendeu no primeiro e quizáis único sprint masivo que se disputou na 76-Volta a Portugal. Balhaus gañou na meta de Maia por diante de Manuel Cardoso(BIC-Tavira) e Davide Vigano (Caja Rural). A xornada foi plácida para os corredores galegos da OFM, Gustavo Veloso (47) e Delio Fernández (25) que entraron co pelotón principal. O vilagarcián continúa segundo na xeral e o moañés ascende a oitava posión a catro e vinte segundos respectivamente do lider da proba, Víctor de La Parte. Descolgado entrou na meta o coruñés Pablo Torres (Burgos-BH),a 5 minutos e 57 segundos do vencedor, e ocupou o posto 127, pero coa satisfacción de subir ao podium ao remate para vestir a camisola de líder da montaña xa que o galego estivo durante máis de 160 kilómetros na fuga de catro ciclistas que comandou a proba durante a meirande parte do día. Mañá tera lugar a segunda etapa da proba lusa entre as localidades de Gondomar e Braga sobre unha distancia de 171,8 kilómetros e cun perigoso circuito final onde os corredortes deberán subir tres veces o alto de Samieiro-Bom Jesus de segunda categoría Escoita as impresións de Pablo Torres.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.