A segunda etapa da Volta a Portugal, disputada entre Gondomar e Braga, foi relativamente tranquila para os tres ciclistas galegos presentes na competición, que pasaron sin sustos unha xornada na que se chegou á meta cun grupo cabeceiro
de corenta ciclistas nos que logrou a victoria ao sprint o italiano de CajaRural, Davide Vigano. O moañés Delio Fernández foi séptimo e o arousán Gustavo Veloso decimquinto.
Na xeral non hai trocos e o euskaldum Victor de La Parte (Efapel) mantén a camisola amarela con catro segundos de aventaxe sobre Gustavo Veloso, que segue segundo,en tanto que Delio Fernández ascende á sexta posición a 20 segundos do líder.
O coruñés Pablo Torres chegou descolgado ainda que fixo un esforzo por manter a camisola de líder da montaña e foi segundo na primeira das tres subidas ao alto de Sameiro e cedeu o primeiro posto desta clasificación a António Carvalho do LA-Antarte.
Mañá comenza a alta montaña da ronda lusa coa chegada inédita ao segundo punto máis alto de Portugal continental,Montalegre (
Serra do Larouco), a poucos kilómetros da fronteira con Galicia en Xinzo de Limia, o que fará que moitos siareiros galegos veñan a animar aos nosos ciclistas. A xornada comenzará tamén moi perto da nosa terra, en Viana do Castelo a unha e vinte da tarde en horario galego.
Enlace a clasificación xeral
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.