REFLEXIONS ARREDOR DA VOLTA A PORTUGAL.
Aproveitando a xornada de descanso da Volta a Portugal, tiramos algunhas conclusións logo dunha semana de competición :
1. GUSTAVO VELOSO
A falta de catro etapas, das que duas serán decisivas: o final na Torre e o contra-reloxo do sábado , é o grande favorito para vencer a proba . E o xefe do pelotón, ten oficio e un gran punto de forma, ademáis está con grande moral e coñece a Torre onde gañou o pasado ano . Os seus rivais mañá serán Ricardo Mestre , que co seu equipo Efapel tentará poñer contra ás cordas a Veloso e aos seus compañeiros do OFM e Edgar Pinto e o batallador equipo de LA Aluminios .
Nun segundo plano, aparece un Luis León Sánchez que é segundo na xeral e pode tirar proveito da batalla entre Efapel e OFM e que convén que perda tempo na Torre xa que semella ser o grande rival do vilagarcián para a crono do sábado . Veloso dormirá máis tranquilo mañá si supera a etapa
da Torre con máis aventaxe sobre o murciano .
2. DELIO
O moañés é o segundo home mais forte da carreira , ao nivel de Veloso, fixo méritos dabondo para ter gañado unha etapa e ogallá poda facelo na Torre . Está a demostrar que ten pernas para gañar unha ou varias Voltas a Portugal e que é unha inxustiza cun ciclista da sua calidade non tope un oco no reducido pelotón profesional español . Ogallá Caja Rural tome nota e lle faga un sitio nunha estructura que Delio ben coñece polo seu pasado no equipo amateur dos navarros .
3. PABLO TORRES
O coruñés regresa a unha proba que xa disputou no 2012 e cumpriu subindo ao podio na primeira etapa como líder da montaña . Ogallá teña pernas e sorte para coller de novo a fuga na etapa do venres e poida mostrarse nos últimos días da proba.
4 . PAIXON LUSA
A Volta a Portugal segue a ser distinta: os seis equipos lusos centran a súa época nunha proba con gran protagonismo mediático e popular no país veciño.
Como cada ano , en torno á carreira xurden rumores e novas , si un se fía do que aquí escoita, a saúde do ciclismo portugués estaría moito millor que o español . Parece claro que en 2015 contarán cun equipo continental máis, o Gondomar promovido polo ex-profesional Paulo Ferreira nun mundiño ciclista luso no que continúa o debate sobre a duración da súa proba raiña xa que hai voces que queren volver a quince días de competición ainda a costa de baixar de categoría no calendario UCI.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.