O calendario galego de ciclismo de base tivo duas probas na fin de semana, o XV Trofeo Concello de Cambre en estrada é o mini BTT de Gulans.En Cambre participaron 47 cadetes e o podium estivo formado por José Carlos Amil ( PONTEAREAS ), Aitor Bugarin ( Óscar Pereiro ) e Iñigo Rodríguez (Óscar Pereiro ). Nos infantil participarn 33 corredores con triunfo de Roi Rodríguez ( Óscar Pereiro), por díante do seu compañeiro de equipo Jorge Suárez e de Juan Villada ( Cidade de Lugo). Miguel Ángel Mera ( Muebles Compostela) gañou na proba de alevins por díante do seu compañeiro Adrián López e do local Diego Rodríguez nunha competición na que participaron 22 corredores e na jinkana de principiantes gañou o ciclista e C C Barbanza Aser Torrado. Canto al BTT de Gulans Diego Valladares (Coruxo) e Helena Quinteiro (Ponteareas ) foron os millores entre os 22 PRD-benxamins , nos 37 promesas que tomaron parte na súa proba, venceron David Asensio ( Salvaterra) e María Figueiras ( Caimanes Betanzos ), Iago González e Uxia Soto , ambo-los dous do CC Ponteareas impuxerónse entre os 53 principiantes , en tanto que Miguel Rodríguez (Ponteareas ) e Aída González (Maceda) gañaron na proba de alevins na que participaron 49 ciclistas e entre os 36 infantís venceron Nicolás Carrera e Marta Vila , integrantes do Monteferro Bike Clube .
Clasificación 4º Trofeo Gulanes
Clasificación XV G.P. Concello de Cambre
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.