cab

cab

sábado, 9 de agosto de 2014

GUSTAVO VELOSO GAÑA A CRONO E SENTENZA A VOLTA A PORTUGAL

O arousán Gustavo Veloso é o virtual vencedor da 76- Volta a Portugal logo de gañar ,con grande autoridade, á contra-reloxo que se disputou hoxe na penúltima tirada da proba, sobre unha distancia de 28,9 kilómetros . O ciclista do OFM-Quinta da Lixa-W52 parou o reloxo cun tempo de 35 minutos e 7 segundos.superando ao alavés Víctor De La Parte en 54 segundos e ao alemán Stefan Shumacher en 1 minuto e 18 segundos. Delio Fernández,que voltou a facer unha grande etapa,foi noveno a 1 minuto e 50 segundos do seu compañeiro de equipo e vai estar maña no podium final de Lisboa ó subir á terceira posición da clasificación xeral ao superar no día de hoxe a Joni Brandao e Edgar Pinto. O moañés non logrou mellorar o rexistro do veterano Rui Sousa que foi quinto hoxe a 1 minuto e 33 segundos de Veloso, e conserva deste xeito , á segunda praza final no podium da Volta a 2 min e 1 seg. de Gustavo, en tanto que Delio rematou a 2 min e 54 seg. do arousán. O coruñés Pablo Torres ficou no posto 79 a 5 minutos e 3 segundos de Velosoe rematará no posto 101 da xeral a 2 horas, 2 minutos e 39 segundos do arousán. A 76-Volta a Portugal rematará mañá, domingo,cunha etapa de 167 kilómetros que se iniciará en Burinhosa e rematará en Lisboa, no xa clásico circuito da Avenida da Liberdade, logo de 167 kilómetros e na que estará en xogo , á marxe da victoria parcial, o vencedor da clasificación por puntos que agora mesmo é tamen Gustavo Veloso con 90 puntos por 77 do italiano do Caja Rural, Davide Vigano. Nas outras clasificacións OFM gañará na dos equipos,cunha aventaxe de 5 minutos e 49 segundos sobre Efapel e 11 minutos e 7 segundos sobré o Boavista, António Carvalho (LA Aluminios) vencerá na montaña e David Rodrigues (Selec. Portugal) será o millor dos xoves por díante do colombiano do Caja Rural, Heiner Parra, ao que arrebatou a camisola na cronometrada de hoxe .
Escoita as impresións de Delio.

Escoita as impresións de Veloso.

viernes, 8 de agosto de 2014

O RUSO SHILOV GAÑOU AO SPRINT EN CASTELO BRANCO

A oitava etapa da Volta a Portugal, a máis longa de esta edición,disputada sobre 194 kilómetros, entre Sabugal e Castelo Branco, axustóuse ao guión previsto cunha escapada de cinco corredores sin opcións na xeral que foi anulada polo pelotón a quince kilómetros da meta. Nos kilómetros fináis houbo máis tentativas de fuga pero foron anulados por un grupo do que tiraban especialmente o Banco Bic-Tavira e o Caja Rural e no último kilómetro o vilagarcián Gustavo Veloso marcou o ritmo do pelotón para prepararlle a chegada ao seu compañeiro Samuel Caldeira. Pero,como ocorre moitas veces nos sprints, a sorte non acompaña a quen máis a busca e o ruso do Lokonsphink Sergei Shilov venceu por díante de Samuel Caldeira e Manuel Cardoso en tanto que Delio Fernández foi oitavo e Gustavo Veloso décimo terceiro . Na xeral non hai trocos , á espera da decisiva contra-reloxo de mañá, entre Oleiros e Serta na distancia de 28,9 kilómetros, e Veloso mantén 28 segundos sobre Rui Sousa, 30 sobre Edgar Pinto. 43 sobre Joni Brandao e 1 min e 3 segundos sobre Delio

jueves, 7 de agosto de 2014

RUI SOUSA GAÑA NA TORRE E VELOSO MANTEN E AMARELA GRAZAS A XENEROSIDADE DE DELIO

Siareiros galegos animando a Veloso
 A agardada etapa raiña da Volta a Portugal rematou ben para Gustavo Veloso e o seu equipo, OFM-Quinta do Lixa-W52, xa que conseguiron manter a amarela e anularon as opcións do seu maior enemigo, o murciano Luis León Sánchez.

  A  tirada foi moi disputada, con continuas fugas, ata que, a falta de dez kilómetros, destacáronse na cabeza Delio Fernández e Rui Sousa e pouco a pouco abriron diferenzas sobre un grupo perseguidor composto por Veloso, Joni Brandao, Edgar Pinto, Ricardo Vilela, Sandro Pinto e Virgilio Santos.

  A falta de catro kilómetros, o duo cabeceiro aventaxaba en un minuto ao sexteto perseguidor e a situación era boa para OFM xa que Delio era o virtual camisola amarela e ademáis podía gañar a etapa xa que se ía mantendo á roda de Rui Sousa. Nese momento, a OFM decidía sacrificar a Delio quen parou para esperar aos perseguidores e marcar o ritmo do grupo do lider durante dous dos últimos tres kilómetros.

   Na meta, Sousa gañaba con 39 segundos sobre Brandao, Pinto e Veloso, 47 sobre Sandro Pinto, 51 sobre Virgilio Santos e 1 minuto e 3 segundos sobre Delio.


  Mañá, venres, disputarase a oitava etapa da Volta a Portugal, cun percorrido de 194 kilómetros de percorrido entre Sabugal e Castelo Branco na que é posible que chegue unha fuga si o consinten os equipos dos sprinters, especialidade na que hai unha importante baixa desde hoxe, xa que o alemán Balhaus abandonou na xornada de hoxe, polo  que Manuel Cardoso (BIC) e Francesco Lasca (Caja Rural) son os grandes favoritos si houbera "volata".

Escoita as impresións de Delio.


Escoita as impresións de Veloso.


Escoita as impresións de Alex Marque.


Escoita as impresións de Rosendo.

LIO COS EXPULSADOS NA VOLTA A PORTUGAL

 Os árbitros deberían pasar desapercibidos no ciclismo, pero non sucede a menudo, e como proba o acontecido logo do remate da sexta etapa da Volta a Portugal en Viseu.

   Logo dun sprint limpo, no que acada a súa segunda victoria parcial o xermano Balhaus, dous corredores se enfrontan logo dunha "volata limpa ", o motivo unha tontería , un freou diante do outro logo de superar á meta. Os arbitros deducen, o estar Vicente Garcia de Mateos, que pelexou  co dinamarqués Kragh que foron terceiro e cuarto respectivamente na tirada e anuncian, vendo as imaxes da televisión, a expulsión dos dous.

  A marxe de que a decisión e moi discutible xa que o feito produciuse unha vez rematada a tirada, o erro é increible: o que plexou con De Mateos foi o italiano Enrico Rossi, dorsal 169 e non Kragh, dorsal 164. por ese motivo, o director do Chistina Watches, Thomas Gudhonner, presentou unha reclamación na xornada de descanso e, logo de consultar cos ciclistas testemuñas da agresión, os árbitros decidiron expulsar a Rossi e non a Kragh, eso sí facendo o menos ruido posinle para que poucos na caravana da ronda lusa se decataran do seu erro, de feito estáse a celebrar a séptima tirada e non hai un comunicado oficial no que se informe do troco de decisión.

  Está claro que os ciclistas modestos teñen que competir con esto, é fácil tomar estas decisións aqui pero non no Tour, no Giro ou na Vuelta.

  E a pregunta queda no ar, qué se fai co árbitro que manifestou públicamente nos medios poprtugueses que a De Mateos e a Kragh había que expulsalos non  so da proba sinon do ciclismo...???....poñersae él polo erro inducido por un orden de chegada nunha clasificación no mesmo sitio ???.

PHIL BALHAUS, UN SPRINTER CON FUTURO

Apenas ten 20 anos, cumpliunos o pasado 8 de xullo, e leva dúas victorias de etapa na Volta a Portugal, o xove Phil Balhaus é o velocista descuberto nesta carreira lusa.

  Balhaus está a cumplir a súa segunda temporada no modesto equipo continental alemán Stolting e ata a carreira lusa só gañara unha etapa da Volta a Bulgaria de 2013, ademáis de acadar o bronce no Campeonato xermano de fondo en estrada.

  Balhaus non é demasiado corpulento, mide 1,81 e pesa 70 kilos, pero demostrou na carreira lusa o ben que se desenvolve nas chegadas masivas, os equipos do Pro-Tour xa chaman á súa porta e xa é oficial que a empresa Velofutur, do galego Xoan Campos, velará polos seus intereses.

CALENDARIO GALEGO PARA A FIN DE SEMANA

A vindeira fin de semana presenta as seguintes actividades en Galicia :

--ESTRADA
  Sábado, 9 de agosto.
   Grande Premio do Albariño en Cambados, organizado polo C.C. Cambados.
  -Escolas :17.OO horas
  -Cadetes  :18.00 horas
  -Juniors  : 18.45 horas.

-BTT
- Domingo,10 de agosto.
  DHU O Marisquiño.
  Lugar de celebración : Vigo
  Horario:16.00
  Organiza: C C XtremBike

-MINI BTT
    IV-Trofeo Concello de Viveiro.
   Sábado, 9 de agosto a partir das 16.00 horas
   Organizador:C C Viveiro


CICLOTURISMO
 - Sabado, 9 de agosto
   III-Desafio Ezequiel Mosquera-Descubre á Montaña Lucense
   Lugar: Becerreá.
   Horario: 13.OO horas.
   Organizador: EME Sports

-Sábado, 9 de agosto
   III-Escalada Ciclista ao Monte Xalo
   -Lugar: Carral
   -Horario:17 .00
   -Organizador: P C Monte Xalo
-Domingo,10 de agosto.
  XXVII-Marcha Cicloturista a Ferrolterra.
  Organiza:C.C.Ferrol
  Horario: 9.00


miércoles, 6 de agosto de 2014

OPINION

REFLEXIONS ARREDOR DA VOLTA A PORTUGAL.                                                                      
  Aproveitando a xornada de descanso da Volta a Portugal, tiramos algunhas conclusións logo dunha semana de competición :

1. GUSTAVO VELOSO

   A falta de catro etapas, das que duas serán decisivas: o final na Torre e o contra-reloxo do sábado , é  o grande favorito para vencer a proba . E o xefe do pelotón, ten oficio e un gran punto de forma, ademáis está con grande moral e coñece a Torre onde gañou o pasado ano . Os seus rivais mañá serán  Ricardo Mestre , que co seu equipo Efapel tentará poñer contra ás cordas a Veloso e aos seus compañeiros do OFM e Edgar Pinto e o batallador equipo de LA Aluminios .
  Nun segundo plano, aparece un Luis León Sánchez que é segundo na xeral e pode tirar proveito da batalla entre Efapel e OFM e que convén que perda tempo na Torre  xa que semella ser  o grande rival do vilagarcián para a crono do sábado . Veloso dormirá máis tranquilo mañá si supera a etapa
 da Torre con máis aventaxe sobre o murciano .

2. DELIO

O moañés é o segundo home mais forte da carreira , ao nivel de Veloso, fixo méritos dabondo para ter gañado unha etapa e ogallá  poda facelo na Torre . Está a demostrar que ten pernas para gañar unha ou varias Voltas a Portugal e que é unha inxustiza cun ciclista da sua calidade non tope un oco no reducido pelotón profesional español . Ogallá Caja Rural tome nota e lle faga un sitio nunha estructura que Delio ben coñece polo seu pasado no equipo amateur dos navarros .

3. PABLO TORRES

 O coruñés regresa a unha proba que xa disputou no 2012 e cumpriu subindo ao podio na primeira etapa como líder da montaña . Ogallá teña pernas e sorte para coller de novo a fuga na etapa do venres e poida mostrarse nos últimos días da proba.

4 . PAIXON LUSA

 A Volta a Portugal segue a ser distinta:  os seis equipos lusos centran a súa época nunha proba con gran protagonismo mediático e popular no país veciño.
 Como cada ano , en torno á carreira xurden rumores e novas , si un se fía do que aquí escoita, a saúde do ciclismo portugués estaría moito millor que o español . Parece claro que en 2015 contarán cun equipo continental máis, o Gondomar promovido polo ex-profesional Paulo Ferreira nun mundiño ciclista luso no que continúa o debate sobre a duración da súa proba raiña xa que hai voces que queren volver a quince días de competición ainda a costa de baixar de categoría no calendario UCI.

martes, 5 de agosto de 2014

SPRINT EN VISEU E MAÑA DESCANSO EN PORTUGAL

A sexta etapa de  Volta a Portugal,disputada hoxe entre Oliveira de Bairro e Viseu  sobre 155 kilómetros e percorrido transcurreu sobré o guieiro previsto : escapada anulada a poucos kilómetros da meta e sprint masivo no que o xove alemán ,21 anos  Phil Balhaus ( Stolting ) repetiu victoria ao igual  que o pasado xoves en Maia . Tras o xermano cortou a meta  Davide Vigano ( Caja Rural ) e Vicente García de Mateos ( Louletano ) en tanto que Delio Fernández foi , unha tirada mais , o millor dos galegos na décima posición, en tanto que Gustavo Veloso  foi 27  e Pablo Torres 29. Na xeral non hai trocos e Gustavo Veliso segue coa camisola amarela con 29 segundos de marxe sobre Luis León Sánchez , trinta sobre Edgar Pinto e 39 sobre Delio .Pablo Torres é 109 a 1 h 21 min e 23 seg Maña , mércores , a caravana da proba lusa vivirá a xornada de descanso en Viseu e o xoves terá lugar a tirada raiña da proba con inicio en Belmonte e remare en Torre, na Serra de Estrela, logo de 172,5 kilómetros .

lunes, 4 de agosto de 2014

VELOSO SEGUE LÍDER EN PORTUGAL E DELIO XA E CUARTO

Gustavo Veloso e Delio Fernández seguen a demostrar que son dous dos ciclistas máis fortes da Volta a Portugal 2014. Na quinta etapa, terceira consecutiva con final en porto, os galegos foron segundo e terceiro e sólo foron superados polo alacantino do BH David Belda, que escapou a dous kilómetros da meta, logo dunha tirada na que os compañeiros de equipo de Veloso tiveron que traballar a reo para estar presentes nas escapadas, primeiro, e para anular nos últimos kilómetros tentativas de homes perigosos na xeral como Hugo Sabido, Ricardo Mestre ou Joni Brandao. Na xeral, Veloso amplia a aventaxe sobré o segundo clasificado, que agora é Luis León Sánchez, a 29 segundos. Edgar Pinto é agora terceiro a 30 segundos e Delio é cuarto a 39 segundos. En menos de un minuto de diferencia con Veloso ainda están Ricardo Mestre, Joni Brandao, David Belda e Rubén Fernández.

Maña terá lugar a sexta etapa da ronda lusa entre Oliveira de Bairro e Viseu cun percorrido de 155 kilómetros. Semella xornada de transición antes do día de descanso do mercores e na que pode chegar unha fuga á liña de meta.

No remate da xornada Delio laiabase de ter sido segundo xa que falara con Veloso que Gustavo lle ía lanzar na liña de meta para que o moañés tentara a victoria parcial e o cinco veces gañador da proba o santiagués David Blanco, cree que a Volta se decidirá o xoves no alto de Torre e que Veloso debe ter coidado con Luis León Sánchez .                                                                                                              

Canto a Pablo Torres foi. 89 na tirada a 21 min e 30 segundos de Belda e na xeral está a 1h 21 min e 23 segundos de Gustavo Veloso .

Escoita as impresións de David Blanco.


Escoita as impresións de Delio e Veloso.

Manuel Pellón, David Ruiz e Raúl Vieites gañaron o DH Vila de Sarria

  O Descenso Vila de Sarria, celebrado na tarde do domingo, tivo a seguinte composición dos podiums: Manuel Pellón  ( Lanzalia), Borja Añón (Quintena) e Manuel Lustres (DHS Team ) nos elite e David  Ruiz ( Trescatorce ), Carlos Núñez ( Bici Verde) e Pablo Agrafojo (Lanzalia) nos sub-23. Nos senior venceu Raúl Vieites ( Narón ).

Clasificación

RESULTADOS DAS PROBAS DE BASE

  O calendario galego de ciclismo de base tivo duas probas na fin de semana, o XV Trofeo Concello de Cambre en estrada é o mini BTT de Gulans.En Cambre participaron 47 cadetes e o podium estivo formado por José Carlos Amil ( PONTEAREAS ), Aitor Bugarin ( Óscar Pereiro ) e Iñigo Rodríguez (Óscar Pereiro ). Nos infantil  participarn 33 corredores con triunfo de Roi Rodríguez ( Óscar Pereiro), por díante do seu compañeiro de equipo Jorge Suárez e de Juan Villada ( Cidade de Lugo). Miguel Ángel Mera ( Muebles Compostela) gañou na proba de alevins por díante do seu compañeiro Adrián López e do local Diego Rodríguez nunha competición na que participaron 22 corredores e na jinkana de principiantes gañou o ciclista e C C Barbanza Aser Torrado. Canto al BTT de Gulans Diego Valladares (Coruxo) e Helena Quinteiro (Ponteareas ) foron os millores entre os 22 PRD-benxamins , nos 37 promesas que tomaron parte na súa proba, venceron David Asensio ( Salvaterra) e María Figueiras ( Caimanes Betanzos ), Iago González e Uxia Soto , ambo-los dous do CC Ponteareas impuxerónse entre os 53 principiantes , en tanto que Miguel Rodríguez (Ponteareas ) e Aída González (Maceda) gañaron na proba de alevins na que participaron 49 ciclistas e entre os 36 infantís venceron Nicolás Carrera e Marta Vila , integrantes do Monteferro Bike Clube .

Clasificación 4º Trofeo Gulanes

Clasificación XV G.P. Concello de Cambre

domingo, 3 de agosto de 2014

VELOSO MANTEN O LIDERATO E DELIO XA E QUINTO EN PORTUGAL

    A cuarta etapa da Volta a Portugal, celebrada entre. Boticas e Sra. da Graça , cumpliu as previsións e foi moi disputada ainda que , como ven sucedendo nos últimos anos  , non marcou grandes difieren as entre os favoritos á victoria final. O equipo dos galegos Veloso e Delio dou o aguantar os ataques  de homes como Antonio Carvalho, Sandro Pinto, David Belda, Víctor de La Parte e mesmo Ricardo Mestre e  xa no final, Edgar Pinto venceu a tirada con Veloso a súa roda, e 8 segundos entraron Joni Brandao, Delio e Luis León Sánchez . Na xeral, Veloso aventaxa en 26 segundos a Edgar Pinto. En 29 a Luis León, en  37 a Ricardo Mestre y en 39 a Delio Fernández. Maña terá lugar a quinta tirada entre Alverengas e Santo  Tirso con 163 kilómetros e final no alto de Nossa Senhora de Asunçäo, de segunda categoría, lugar onde Veloso vestiu por primeira vez na sua Carreira a camisola  de líder da Volta a Portugal no ano 2006. Pola súa banda, o coruñés Pablo Torres ocupou o posto 114 na tirada a 27 min e 12 seg e está no posto 113 da xeral a 59 min e 56 segundos.


Escoita as impresións de Veloso.

Escoita as impresións de Delio.


DE SEGOVIA GAÑA OUTRA VOLTA A ÁVILA PARA O FROIZ

A Volta a Ávila segueselle a dar ben á formación que dirixe Evaristo Portela e hoxe adxuducaronse de novo unha proba que se vou reducida a só dous días de competición neste ano por mor da crise. A segunda e última tirada foi gañada por Iván Martínez ( GS Sport- Valencia ) que chegou á liña de meta  escapado cos ciclistas do Froiz Miguel Gómez e José Antonio De Segovia. O ex-corredor do Xacobeo adjudicouse a ronda da súa terra con 28 segundos de aventaxe sobré o polonés Piotr Brozna (Telcom). Canto  os galegos, o padronés Luis Mariño foi 14, o gardense Aser Estevez 28 e o vigués Sergio Miguez rematou no posto 73. Canto á primeira etapa foi gañada polo ciclista do Plastimer Rubén García .

CHUS BARROS GAÑOU EN PORTUGAL

  O CC Spol-Concello de O Porriño foi o único equipo galego que participou onte no " Circuito de Penagiao", celebrada no distrito portugués de Vila Real , e reservado a corredores sub-23, masters y féminas.Chus Barros venceu na proba feminina e nos sub-23 o portugués da escuadra de Horacio Barros,Luis Mendoça rematou no terceiro lugar .

sábado, 2 de agosto de 2014

VELOSO XA E LÍDER EN PORTUGAL

  O arousán Gustavo César Veloso xa é o novo líder da Volta a Portugal  , logo de rematar terceiro na primeira etapa de montaña da ronda lusa que percorreu 180 kilómetros entre Viana do Castelo e Serra de Larouco-Montalegre. A tirada foi gañada polo alacantino do Burgos -BH  David Belda que chegou á meta con doce segundos de aventaxe sobre Ricardo Mestre e Gustavo Veloso . Delio Fernández, pola súa banda , rematou sexto a 27 segundos de Belda.Na xeral , o arousán aventaxa en 11 segundos ao líder ata hoxe , Víctor De La Parte e en 21 a Luis León Sánchez en tanto que Delio é séptimo a 31 segundos do seu compañeiro de equipo .Mañá terá lugar a cuarta tirada da proba entre Boticas e Nossa Senhora da Graça sobre unha distancia de 192,5 kilómetros no que agradamos que os ciclistas non teñan que facer fronte á choiva como aconteceu na etapa de hoxe e onde Veloso debe tentar manter a camisola amarela ante ciclistas máis dotados para a subida como Mestre ou Belda .Pola sua parte o coruñés Pablo Torres foi 124 na etapa a 20 min e 58 seg e figura no posto 115 a 32 min e 44 segundos. Tra-lo remate da tirada Gustavo Veloso estaba "Ledo por conquistar a amarela déspois fin día no que non acompañou a climatoloxía e no que me sentín ben, somos galegos e imos ben baixo a chuvia ", agora agarda  " como se vai desenvolver o día de mañá xa que é duro e teño claro que non vou hipotecar a Volta a Portugal por defender a amarela estos días, o importante é ser amarelo o día 10 en Lisboa ".

RAÚL FERNÁNDEZ FOI O MELLOR DOS JUNIORS GALEGOS EN PORTUGAl

A Volta a Portugal junior rematou hoxe , logo de tres días de competición, no alto da Serra do Larouco, logo dunha etapa marcada pola intensa chuvia e que foi gañada por Tiago Nunes ( J M NIcolau ) que chegou en solitario a liña de meta . Pola sua banda , o seu compañeiro de equipo, André Crispim foi terceiro é proclamouse vencedor da competición con dez segundos de aventaxe sobré o gañador da tirada. Cantó os galegos, Raúl Fernández foi noveno na etapa a 40 seg. do vencedor, Jon Ander Tomé foi 14 a 1 min e 21 seg e Víctor Pombo foi 15 no mesmo tempo. Na xeral  Raúl Fernández acabou 9 a 1 min e 27 seg e Víctor Pombo rematou 15 a 2 min e 8 seg. Por equipos, Galicia rematou quinta .

ALEX MARQUE FOI A ATRACCIÓN DO DÍA EN PORTUGAL

O ciclista estradense Alex Marque estivo hoxe en Viana Do Castelo visitando aos seus compañeiros de pelotón no inicio da primeira das etapas importantes da 76-Volta a Portugal. Malia ao orballo que caía na zona da saida, Marque foi aclamado pola gran cantidade de público que seguiu en directo os momentos previos a saida dunha etapa que rematará, logo de 180 Kilómetros ,na  Serra de Larouco, un porto inédito da historia da ronda lusa .

viernes, 1 de agosto de 2014

O ASUNTO DE ALEX MARQUE QUEDOU ARQUIVADO

O ciclista estradense Alex Marque recuperou hoxe á sonrisa para anunciar en rolda de prensa,no Teatro Principal da súa localidade natal, que recibiu de xeito oficial a comunicación da RFEC polo que seu "presunto positivo" quedou arquivado. Alex, polo tanto, non será sancionado e poderá correr con total liberdade logo dun calvario que durou oito meses. O futuro inmediato do estradense pasa agora pola vista do seu xuizo contra o equipo Movistar, marcada para o próximo mes de Setembro, por incumplimento de contrato do cadro telefónico, e a partir de ahí Marque escoitará ofertas para volver ás carreiras no próximo ano. Un tema queda no aleiro, pedirá Marque responsabilidaes aos organismos do ciclismo polo retraso na decisión sobre este asunto,o estradense declarou a galicia en bicis que "é algo que deberá estudiar o meu abogado ". Mañá, Marque estará na etapa da Volta a Portugal onde hai un grande interés dos medios lusos por escoitar , ao fin, vencedor oficial da Volta a Portugal 2013.
Escoita as impresións de Veloso.

Escoita as impresións de Jesus Rosendo.

Escoita as impresións de Delio.

DELIO SUBE O SEXTO POSTO E VELOSO MANTEN O SEGUNDO EN PORTUGAL

A segunda etapa da Volta a Portugal, disputada entre Gondomar e Braga, foi relativamente tranquila para os tres ciclistas galegos presentes na competición, que pasaron sin sustos unha xornada na que se chegou á meta cun grupo cabeceiro de corenta ciclistas nos que logrou a victoria ao sprint o italiano de CajaRural, Davide Vigano. O moañés Delio Fernández foi séptimo e o arousán Gustavo Veloso decimquinto. Na xeral non hai trocos e o euskaldum Victor de La Parte (Efapel) mantén a camisola amarela con catro segundos de aventaxe sobre Gustavo Veloso, que segue segundo,en tanto que Delio Fernández ascende á sexta posición a 20 segundos do líder. O coruñés Pablo Torres chegou descolgado ainda que fixo un esforzo por manter a camisola de líder da montaña e foi segundo na primeira das tres subidas ao alto de Sameiro e cedeu o primeiro posto desta clasificación a António Carvalho do LA-Antarte. Mañá comenza a alta montaña da ronda lusa coa chegada inédita ao segundo punto máis alto de Portugal continental,Montalegre ( Serra do Larouco), a poucos kilómetros da fronteira con Galicia en Xinzo de Limia, o que fará que moitos siareiros galegos veñan a animar aos nosos ciclistas. A xornada comenzará tamén moi perto da nosa terra, en Viana do Castelo a unha e vinte da tarde en horario galego.

Enlace a clasificación xeral

CATRO GALEGOS ENTRE OS QUINCE PRIMEIROS DA VOLTA A PORTUGAL JUNIIOR

Logo da segunda etapa da Volta a Portugal junior catro ciclistas do equipo dirixido por Xosé Anxo Vidal están ben colocados na clasificación xeral da proba, trátase de Cristian Mota (11º a 55 seg), Víctor Pombo (12º a 55 seg ), Raul Fernández (13º a 55 seg) e Alexandre Regueiro (15º a 1 min 5 seg). A etapa, disputada entre Esposende e Braga na distancia de 104 kilómetros, foi gañada por André Crispim ( CC José María Nicolau) que cruzou a meta con 18 segundos de aventaxe sobre un grupo de oito corredores e é o novo líder da proba. O mellor dos galegos foi Cristian Mota (11º a 55 seg do gañador). Por equipos, os galegos son sextos a 1 min. e 7 segundos do líder, o CC José María Nicolau. Mañá terá lugar a última tirada da competición entre Vieira do Minho e Serra do Larouco.

Enlace coas clasificacións da 2ª etapa