cab

cab

jueves, 7 de agosto de 2014

RUI SOUSA GAÑA NA TORRE E VELOSO MANTEN E AMARELA GRAZAS A XENEROSIDADE DE DELIO

Siareiros galegos animando a Veloso
 A agardada etapa raiña da Volta a Portugal rematou ben para Gustavo Veloso e o seu equipo, OFM-Quinta do Lixa-W52, xa que conseguiron manter a amarela e anularon as opcións do seu maior enemigo, o murciano Luis León Sánchez.

  A  tirada foi moi disputada, con continuas fugas, ata que, a falta de dez kilómetros, destacáronse na cabeza Delio Fernández e Rui Sousa e pouco a pouco abriron diferenzas sobre un grupo perseguidor composto por Veloso, Joni Brandao, Edgar Pinto, Ricardo Vilela, Sandro Pinto e Virgilio Santos.

  A falta de catro kilómetros, o duo cabeceiro aventaxaba en un minuto ao sexteto perseguidor e a situación era boa para OFM xa que Delio era o virtual camisola amarela e ademáis podía gañar a etapa xa que se ía mantendo á roda de Rui Sousa. Nese momento, a OFM decidía sacrificar a Delio quen parou para esperar aos perseguidores e marcar o ritmo do grupo do lider durante dous dos últimos tres kilómetros.

   Na meta, Sousa gañaba con 39 segundos sobre Brandao, Pinto e Veloso, 47 sobre Sandro Pinto, 51 sobre Virgilio Santos e 1 minuto e 3 segundos sobre Delio.


  Mañá, venres, disputarase a oitava etapa da Volta a Portugal, cun percorrido de 194 kilómetros de percorrido entre Sabugal e Castelo Branco na que é posible que chegue unha fuga si o consinten os equipos dos sprinters, especialidade na que hai unha importante baixa desde hoxe, xa que o alemán Balhaus abandonou na xornada de hoxe, polo  que Manuel Cardoso (BIC) e Francesco Lasca (Caja Rural) son os grandes favoritos si houbera "volata".

Escoita as impresións de Delio.


Escoita as impresións de Veloso.


Escoita as impresións de Alex Marque.


Escoita as impresións de Rosendo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.