cab

cab

domingo, 10 de agosto de 2014

PEDRO MERINO E O NOVO LÍDER DA VOLTA A TOLEDO

  A dureza da segunda etapa da Volta a Toledo causou estragos no pelotón e o vigués do Súper Froiz, Sergio Miguez, non puido manter o liderato a acadado na primeira tirada ainda que o equipo de Evaristo Portela mantén a camisola amarela grazas ó triunfo na xornada do ex-profesional Pedro Merino.

   Merino chegou á meta acompañado do andaluz Antonio Pedrero cunha marxe de 11 segundos sobre un pequeno grupo que encabezou o abulense José Antonio De Segovia .

  Os catro galegos participantes na proba chegaron no pelotón principal a 4 minutos e 37 segundos do gañador e ocuparon os seguintes postos : Aser Estevez (34), Daniel López (36) , José Luis Mariño (39) e Sergio Miguez (54).


  Na xeral, Merino é o novo líder con Pedrero no mesmo tempo. De Segovia e terceiro a 11 segundos e os galegos están así : Sergio Miguez (17 a 4-34), Aser Estevez ( 24 a 4-37), José Luis Mariño (26 a 4-37) e Daniel López (69 a 10-54).

  Maña terá lugar a penúltima tirada da proba manchega con saida en Naval armero e remate, logo de 144 kilómetros, en Villarubia de Santiago e os ciclistas deberán superar dous portos de Terceira categoría nos kilómetros 66 e 118 da xornada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.