cab

cab

lunes, 18 de agosto de 2014

Resultados do BTT e do Mini BTT de Maceda

  A localidade ourensá de Maceda acolleu unha doble xornada de BTT coa disputa dunha proba Rallye e un mini BTT entre a tarde do venres e a mañá do sábado.

  Na proba de rallye participaron 16 corredores na categoría elite e sub-23 e o macedán Pablo Rodríguez (MMR Bikes) foi o claro dominador aventaxando en 4 min e 56 seg a Saul López (C.C:Maceda) e en 5 min e 26 seg . a Manuel A. Parada (Lola Gomistar).
 
  No resto das categorías inscribíronse 72 "bikers" e os gañadores foron: Brais Pérez (Ponte Vella) nos senior, Raul González (Maceda) nos junior, Iván Feijoo( Maceda) en cadetes, Xulio Conde (Maceda) nos master-40, Antonio González( Salvaterra) en master-50, Marcos Mayo( BTT O Treito) en mnaster 30, Xiana nConde (Maceda) en junior feminino e Fátima Veloso ( DH Galicia) en elite feminina.

Canto a competición de Mini BTT, com,petiron 144 rapaces e os gañadores foron : Xiana Quintela (Cambre) e Nerea Soto (Ponteareas) en prebexamins, Pedro Costas (Coruxo) e María Filgueira (Caimanes Betanzos) nos promesas, Iago González (Ponteareas) e Claudia Pérez (Corbelo Portonovo) nos principiantes, Miguel Rodríguez (Ponteareas) e  Aida González (Maceda) nos alevíns e Nicolás Carrera e Marta Vila, ambo-los dous do Monteferro, nos infantis.

Resultados de miniBTT

Resultados rallye

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.