cab

cab

lunes, 4 de agosto de 2014

VELOSO SEGUE LÍDER EN PORTUGAL E DELIO XA E CUARTO

Gustavo Veloso e Delio Fernández seguen a demostrar que son dous dos ciclistas máis fortes da Volta a Portugal 2014. Na quinta etapa, terceira consecutiva con final en porto, os galegos foron segundo e terceiro e sólo foron superados polo alacantino do BH David Belda, que escapou a dous kilómetros da meta, logo dunha tirada na que os compañeiros de equipo de Veloso tiveron que traballar a reo para estar presentes nas escapadas, primeiro, e para anular nos últimos kilómetros tentativas de homes perigosos na xeral como Hugo Sabido, Ricardo Mestre ou Joni Brandao. Na xeral, Veloso amplia a aventaxe sobré o segundo clasificado, que agora é Luis León Sánchez, a 29 segundos. Edgar Pinto é agora terceiro a 30 segundos e Delio é cuarto a 39 segundos. En menos de un minuto de diferencia con Veloso ainda están Ricardo Mestre, Joni Brandao, David Belda e Rubén Fernández.

Maña terá lugar a sexta etapa da ronda lusa entre Oliveira de Bairro e Viseu cun percorrido de 155 kilómetros. Semella xornada de transición antes do día de descanso do mercores e na que pode chegar unha fuga á liña de meta.

No remate da xornada Delio laiabase de ter sido segundo xa que falara con Veloso que Gustavo lle ía lanzar na liña de meta para que o moañés tentara a victoria parcial e o cinco veces gañador da proba o santiagués David Blanco, cree que a Volta se decidirá o xoves no alto de Torre e que Veloso debe ter coidado con Luis León Sánchez .                                                                                                              

Canto a Pablo Torres foi. 89 na tirada a 21 min e 30 segundos de Belda e na xeral está a 1h 21 min e 23 segundos de Gustavo Veloso .

Escoita as impresións de David Blanco.


Escoita as impresións de Delio e Veloso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.