cab

cab

domingo, 10 de agosto de 2014

GUSTAVO CÉSAR PRIMEIRO DE PORTUGAL

 
Hai un ano quedou a só catro segundos da gloria pero celebrouno porque foi superado polo seu compañeiro e amigo Alex Marque, este ano centrou a tempada co único obxectivo de gañar e acadouno, o vilagarcián Gustavo Veloso xa é o terceiro galego en triunfar na Volta a Portugal .

   Veloso sucede así no palmarés da Grandissima a David Blanco e Alex Marque e prolonga unha F
xeira que suma 7 das últimas 9 edicións da proba lusa con victorias galegas. Ademáis o seu escudeiro moañés . Delio Fernández acompañouno no podio final ao acadar á terceira posición na clasificación. final.

  A derradeira tirada da proba lusa respondeu ás espectativas con intentos de fuga e control dos equipos dos velocistas, Caja Rural e Banca Bic para lograr a victoria na Avenida da Liberdade lisboeta. No sprint victoria do luso Manuel Cardoso que acadou deste xeito a terceira victoria parcial do ciclismo portugués na sua competición

   A segunda posición foi para o italiano do Caja Rural Davide Vigano e o terceiro posto foi para o ruso do Lokonspink . Sergei Shilov. Delio entrou no posto 22, Veloso no 37 e Pablo Torres no 61.

     Na xeral final Veloso impúxose na proba con 2 min e 1 segundo de marxe sobre Rui Sousa e 2-54 sobre Delio Fernández en tanto que o coruñés Pablo Torres finalizou a 2h-2min e 39 segundos no posto 101.

Declaracións do vencedor e clasificacións da Volta

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.