cab

cab

sábado, 2 de agosto de 2014

VELOSO XA E LÍDER EN PORTUGAL

  O arousán Gustavo César Veloso xa é o novo líder da Volta a Portugal  , logo de rematar terceiro na primeira etapa de montaña da ronda lusa que percorreu 180 kilómetros entre Viana do Castelo e Serra de Larouco-Montalegre. A tirada foi gañada polo alacantino do Burgos -BH  David Belda que chegou á meta con doce segundos de aventaxe sobre Ricardo Mestre e Gustavo Veloso . Delio Fernández, pola súa banda , rematou sexto a 27 segundos de Belda.Na xeral , o arousán aventaxa en 11 segundos ao líder ata hoxe , Víctor De La Parte e en 21 a Luis León Sánchez en tanto que Delio é séptimo a 31 segundos do seu compañeiro de equipo .Mañá terá lugar a cuarta tirada da proba entre Boticas e Nossa Senhora da Graça sobre unha distancia de 192,5 kilómetros no que agradamos que os ciclistas non teñan que facer fronte á choiva como aconteceu na etapa de hoxe e onde Veloso debe tentar manter a camisola amarela ante ciclistas máis dotados para a subida como Mestre ou Belda .Pola sua parte o coruñés Pablo Torres foi 124 na etapa a 20 min e 58 seg e figura no posto 115 a 32 min e 44 segundos. Tra-lo remate da tirada Gustavo Veloso estaba "Ledo por conquistar a amarela déspois fin día no que non acompañou a climatoloxía e no que me sentín ben, somos galegos e imos ben baixo a chuvia ", agora agarda  " como se vai desenvolver o día de mañá xa que é duro e teño claro que non vou hipotecar a Volta a Portugal por defender a amarela estos días, o importante é ser amarelo o día 10 en Lisboa ".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.