cab

cab

sábado, 9 de agosto de 2014

SÁBADO DE GLORIA PARA O CICLISMO GALEGO

O VIGUES SERGIO MIGUEZ GAÑA A ETAPA E LIDERA A VOLTA A TOLEDO
A Volta a Toledo non puido principiar millor para o Súper Froiz xa que o vigues Sergio Miguez venceu a primeira etapa i é o primeiro líder dunha das probas históricas do calendario amateur español.
Miguez entrou en solitario na liña de meta de Consuegra logo dos 124 kilómetros dunha primeira tirada que se iniciou en Ocaña e cunha aventaxe de tres segundos sobre un pelotón perseguidor formado por 20 corredores. Neste grupo perseguidor estaban os seus compañeiros de equipo José Antonio De Segovia (9) Aser ESTEVEZ (10), Pedro Merino (11). Cristóbal Sánchez (12). Xosé Luis Mariño (14) e Daniel Francisco (16). Peor sorte tivo o galego do Caja Rural,Daniel López, que cedeu 6 minutos e 20 segundos e ficou no lugar 84. Mañá, domingo, terá lugar a segunda das catro tiradas da competición, con inicio en Camarena e remate en Guadamur logo de 145 kilómetros e cun final complicado con dous portos nos últimos 30 kilómetros da xornada. A victoria de Miguez pon a guinda a un gran sábado para o ciclismo galego co triunfo na crono de Portugal de Veloso que é virtual gañador da proba lusa e estará acompañado no podio final de Lisboa polo moañés Delio Fernández na Terceira posición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.