cab

cab

lunes, 18 de agosto de 2014

A selección galega feminina disputa mañá a última proba da Copa de España en Xátiva


   Xa se atopa en Xátiva a selección galega de ciclismo en estrada feminina que mañá tomará parte na última proba puntuable para a Copa de España, na que a corredora marinense Irene Trabazo defenderá o seu liderato na clasificación da categoría cadete.

  As ciclistas convocadas por Xosé Anxo Vidal son: Paula Sanmartín e Irene Serrat (Vigués) e Carla Castaño (Muebles Compostela) nas junior e Irene Trabazo (Marín), Andrea Tomé (Cambre), Zaida González (Rosal) e Redosinda Fernández (Cidade de Lugo) nas cadetes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.