cab

cab

sábado, 9 de agosto de 2014

GUSTAVO VELOSO GAÑA A CRONO E SENTENZA A VOLTA A PORTUGAL

O arousán Gustavo Veloso é o virtual vencedor da 76- Volta a Portugal logo de gañar ,con grande autoridade, á contra-reloxo que se disputou hoxe na penúltima tirada da proba, sobre unha distancia de 28,9 kilómetros . O ciclista do OFM-Quinta da Lixa-W52 parou o reloxo cun tempo de 35 minutos e 7 segundos.superando ao alavés Víctor De La Parte en 54 segundos e ao alemán Stefan Shumacher en 1 minuto e 18 segundos. Delio Fernández,que voltou a facer unha grande etapa,foi noveno a 1 minuto e 50 segundos do seu compañeiro de equipo e vai estar maña no podium final de Lisboa ó subir á terceira posición da clasificación xeral ao superar no día de hoxe a Joni Brandao e Edgar Pinto. O moañés non logrou mellorar o rexistro do veterano Rui Sousa que foi quinto hoxe a 1 minuto e 33 segundos de Veloso, e conserva deste xeito , á segunda praza final no podium da Volta a 2 min e 1 seg. de Gustavo, en tanto que Delio rematou a 2 min e 54 seg. do arousán. O coruñés Pablo Torres ficou no posto 79 a 5 minutos e 3 segundos de Velosoe rematará no posto 101 da xeral a 2 horas, 2 minutos e 39 segundos do arousán. A 76-Volta a Portugal rematará mañá, domingo,cunha etapa de 167 kilómetros que se iniciará en Burinhosa e rematará en Lisboa, no xa clásico circuito da Avenida da Liberdade, logo de 167 kilómetros e na que estará en xogo , á marxe da victoria parcial, o vencedor da clasificación por puntos que agora mesmo é tamen Gustavo Veloso con 90 puntos por 77 do italiano do Caja Rural, Davide Vigano. Nas outras clasificacións OFM gañará na dos equipos,cunha aventaxe de 5 minutos e 49 segundos sobre Efapel e 11 minutos e 7 segundos sobré o Boavista, António Carvalho (LA Aluminios) vencerá na montaña e David Rodrigues (Selec. Portugal) será o millor dos xoves por díante do colombiano do Caja Rural, Heiner Parra, ao que arrebatou a camisola na cronometrada de hoxe .
Escoita as impresións de Delio.

Escoita as impresións de Veloso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.