cab

cab

sábado, 23 de agosto de 2014

Roberto Mediero foi o mellor dos galegos na Volta a Palencia


  O ciclista do Super Froiz, Roberto Mediero, foi o mellor dos representantes galegos na primeira etapa da IL Volta a Palencia, disputada en Aguilar de Campoo cun percorrido de 134 kilómetros.

  O "top 5" quedou deste xeito :

1º 113 ZURITA, Francesc ESP ZIRAUNA - INFISPORT 3:22:40
2º 41 SANCHEZ, Daniel ESP B.RODRIGUEZ Extremad mt.
3º 63 BENITO, Miguel Angel ESP CAJA RURAL - RGA mt.
4º 107 CASILLAS, David ESP SPECIALIZED mt.
5º 91 ANDRES, Gonzalo ESP CIUDAD OVIEDO-TARTIE mt.
  E os galegos están nestes postos :
23º 21 MEDIERO, Roberto ESP SUPERMERCADOS FROIZ a 01:18
62º 22 PORTELA, Antonio ESP SUPERMERCADOS FROIZ a 10:52
71º 136 GARCIA, Javier ESP RIAS BAIXAS a 13:51 
75º 133 GOMEZ, Kevin ESP RIAS BAIXAS a 15:15
90º 86 LESTIDO, Martin ESP MUTUA LEVANTE DELIKI a 15:15
93º 137 UCHA, Jacobo ESP RIAS BAIXAS a 18:17
94º 132 PEREZ, David ESP RIAS BAIXAS a 18:17
95º 134 RODRIGUEZ, Brais ESP RIAS BAIXAS a 18:17

viernes, 22 de agosto de 2014

Óscar González Brea inicia maña oTour do Porvir

  Logo de varios años sin a presenza de ciclistas galegos na selección española que participa no Tour l' avenir , Óscar González , actual campeón de España contra-reloxo sub-23. forma parte do grupo es collido por Pascual Momparlet para participar na prestixiosa proba gala que comenzará mañá cun prólogo contra-reloxo individual e rematará o vindeiro día 31.

Hoxe comenza a Volta a Palencia


  Hoxe, venres 22 de agosto, comenza a cuadraxésimo novena edición da Volta Ciclista a Palencia, para corredores sub-23 e na que estará representado o ciclisno galego cos equipos Super Froiz e CC Rias Baixas.

    Polo Super Froiz competirán os galegos Roberto Mediero e Antonio Portela e polo Rías Baixas estarán Jacobo Ucha, Alexandre Santos, David Pérez, Kevin Gómez, Brais Rodríguez e Javier García (cedido polo Cafés Baqué).

  Asemede tamén participará Martín Lestido no equipo Mutua de Levante.
 
  A rolda palentina arranca hoxe venres cunha tirada de 134 kilómetros que empezará e rematará en Aguilar de Campoo e finalizará o luns logo de catro xornadas de competición.

O padronés José Luis Mariño foi segundo en Cantabria


  O ciclista padronés do Supermecados Froiz, José Luis Mariño, acadou a segunda posición no Circuito de Escalante, proba para elites e sub-23 disputada o xoves 21 de agosto en Cantabria.

 O gañador da competición foi o ciclista do Café Baqué Antonio Angulo.

Circuito Escalante 106 kms.
1. Antonio Angulo (Baqué-Campos)
2. José L. Mariño (Froiz) m.t.
3. Carlos A. Jiménez (Baqué-Campos) m.t.
4. Jonathan González (Paulino) m.t.
5. Julen Mitxelena (Gipuzkoa) m.t.
6. Santiago Ramírez (Lizarte) m.t.
7. Antton Ibarguren (Telco'm-Gimex) m.t.
8. Asier Unanue (Caja Rural-RGA) m.t.
9. Adrián González (Ibaigane Opel) m.t.
10. Mario Gutiérrez (Cortizo) m.t.

Resultados do Mini BTT Entidade Menor de Bembribe


  O pasado mércores, 20 de agosto, disputóuse o Trofeo Entidade Menor de Bembibre, baixo a organización do CC Vigués-Autronic e que contou coa participación de 204 ciclistas.
  
   Os gañadores foron: Diego Valladar (CC Coruxo) e Nerea Soto (CC Ponteareas) en prebenxamíns, Javier Lorenzo (CC Coruxo) e Lucía Piñeiro (CC Salvaterra) en promesas, Iago González (CC Ponteareas) e María García (CC Corbelo Portonovo) en principiantes, Miguel Rodríguez (CC Ponteareas) e Aida González (CC Maceda) en alevíns, Nicolás Carrera (Monteferro) e Carla Fernández (CC Vigués) en infantís e Guillermo García (CC Corbelo Portonovo) e Irene Trabazo (CC Marín) en cadetes.

Clasificación da carreira

miércoles, 20 de agosto de 2014

Calendario galego de probas para a vindeira fin de semana


  A vindeira fin de semana terán lugar tres citas no calendario ciclista galego :

  -Sábado, 23 de agosto:
  VI-Circuito 12 horas de BTT
   Hora:10.00
  Organizador: A.D.Media Ducia
  Lugar: Carballo

  -Sábado, 23 de agosto
  Trofeo Festas de Vigo
   Hora:17.30
   Lugar: Recinto Feiral IFEVI-Cotogrande (Vigo)
   Organizador: CC Meixoeiro

  -Domingo, 24 de agosto
  XXV Marcha Cicloturista Concello de Ribadeo
   Hora: 10.00
   Lugar de saida e chegada: Praza do Concello de Ribadeo
   Organizador: CC Pedaleo

martes, 19 de agosto de 2014

A marinense Irene Trabazo gañou a Copa de España de Ciclismo Feminino Cadete


 Disputóuse hoxe en Xátiva a derradeira proba da Copa de España de ciclismo feminino en estrada e a corredora do CC Marín, Irene Trabazo, non tivo problemas para manter a primeira posición na clasificación da Copa de España xa que acadou a segunda posición, a 2 minutos e 24 segundos da valenciana Sofía Rodríguez, e confirmou o triunfo na sua categoría

lunes, 18 de agosto de 2014

A selección galega feminina disputa mañá a última proba da Copa de España en Xátiva


   Xa se atopa en Xátiva a selección galega de ciclismo en estrada feminina que mañá tomará parte na última proba puntuable para a Copa de España, na que a corredora marinense Irene Trabazo defenderá o seu liderato na clasificación da categoría cadete.

  As ciclistas convocadas por Xosé Anxo Vidal son: Paula Sanmartín e Irene Serrat (Vigués) e Carla Castaño (Muebles Compostela) nas junior e Irene Trabazo (Marín), Andrea Tomé (Cambre), Zaida González (Rosal) e Redosinda Fernández (Cidade de Lugo) nas cadetes.

Resultados do Trofeo Vila de Luou

  Na mañá do domingo, 17 de agosto, celebróuse unha nova edición do Trofeo Vila de Luou que reuniu a 121 mozos das categorías de escolas e cadetes cos seguintes vencedores: Daniel Rodríguez (Redondela) e Paula Sanmartín (Vigués) en cadetes, Andrés Dasilva e Carla Fernández (Vigués) nos infantís, Manuel Rodríguez (Ponteareas) e Carla Montoiro (Negreira) nos alevíns e Asier Torrado( Barbanza) e Antía Casal (Barbanza) e Alejandra Neira (Muebles Compostela) nos principiantes.

Preme aquí para ver as clasificacións

Resultados do BTT e do Mini BTT de Maceda

  A localidade ourensá de Maceda acolleu unha doble xornada de BTT coa disputa dunha proba Rallye e un mini BTT entre a tarde do venres e a mañá do sábado.

  Na proba de rallye participaron 16 corredores na categoría elite e sub-23 e o macedán Pablo Rodríguez (MMR Bikes) foi o claro dominador aventaxando en 4 min e 56 seg a Saul López (C.C:Maceda) e en 5 min e 26 seg . a Manuel A. Parada (Lola Gomistar).
 
  No resto das categorías inscribíronse 72 "bikers" e os gañadores foron: Brais Pérez (Ponte Vella) nos senior, Raul González (Maceda) nos junior, Iván Feijoo( Maceda) en cadetes, Xulio Conde (Maceda) nos master-40, Antonio González( Salvaterra) en master-50, Marcos Mayo( BTT O Treito) en mnaster 30, Xiana nConde (Maceda) en junior feminino e Fátima Veloso ( DH Galicia) en elite feminina.

Canto a competición de Mini BTT, com,petiron 144 rapaces e os gañadores foron : Xiana Quintela (Cambre) e Nerea Soto (Ponteareas) en prebexamins, Pedro Costas (Coruxo) e María Filgueira (Caimanes Betanzos) nos promesas, Iago González (Ponteareas) e Claudia Pérez (Corbelo Portonovo) nos principiantes, Miguel Rodríguez (Ponteareas) e  Aida González (Maceda) nos alevíns e Nicolás Carrera e Marta Vila, ambo-los dous do Monteferro, nos infantis.

Resultados de miniBTT

Resultados rallye

Resultados do Trofeo C.C.Redondela

  Redondela acolleu, na tarde do venres día 15, o Trofeo C.C.Redondela, proba reservada ás categorías base e que contou coa participación 152 ciclistas nas diversas categorías.

   Os gañadores foron Yasir Martínez (Rosal) e Antía casal (Barbanza) en principiantes, Miguel Angel Mera (Muebles Compoostela) e Laura Teniente (Rosal) en alevíns,  Jorge Suárez (Oscar Pereiro) e Carla fernández (Vigués) nos infantís, Daniel Rodríguez (Redondela) e Zaida González (Rosal) nos cadetes e Alejandro Alvarez (Redondela) e Paula Sanmartín (Vigués) nos junior.

Clasificacións da proba

jueves, 14 de agosto de 2014

Calendario de probas galegas para a fin de semana

  O ciclismo en estrada terá duas citas para as categorías base en Galicia :

 -Venres, 15 de agosto : Trofeo Concello de Redondela.
                                       Escolas, cadetes e junior.
                                       Organizador: CC Redondela.
                                       Hora :16.30
-Domingo,17 de agosto: Trofeo Vila de Luou
                                       Escolas e cadetes .
                                        Organiza: CC Teo
                                       Hora: 10.30.

    Pola sua banda , Maceda será o lugar de reunión do BTT con duas citas

 -Venres,15 de agosto : Trofeo Maceda de BTT .
                                      Lugar : Piscinas Municipais.
                                      Hora : 17.00.

  -Sábado, 16 de agosto : X Trofeo Mini BTT Maceda.
                                      Lugar: Piscinas Municipais.
                                      Hora :11.00.
            As duas probas serán organizadas polo CC Maceda .

martes, 12 de agosto de 2014

PEDRO MERINO GAÑA A VOLTA A TOLEDO PARA O FROIZ

  A Volta a Toledo rematou hoxe , cunha derradeira tirada que comenzou e rematou na capital manchega, coa victoria na xeral do ciclista alcarreño do Súper Froiz. Pedro Merino, que soubo aguantar a camisola de líder desde a segunda das catro etapas das que constou a competición .

  A cuarta etapa contou cun percorrido de 136 kilómetros e foi gañada polo ciclista do Gomur, Juan Ignacio Pérez que se impuxo no sprint ao corredor do Condtrucciones Paulino , Jonattan González , en tanto que Merino foi terceiro a tres segundos do dúo cabeiro. O millor dos galegos foi Aser Estevez (15 a 6 segundos ). en tanto que Sergio Miguez foi 38 a 30 segundos  Daniel López 54 a 46 segundos e José Luis Mariño 55 no mesmo tempo .

  Na  xeral, Merino gañou a ronda toledana cun tempo de 12 horas, 34 minutos e 50 segundos , con tres segundos de marxe sobre Antonio Pedrero (Lizarte) e 11 segundos sobre Mikel Bizkarra ( Gomur ). Os galegos remataron así : Aser Esrevez ( 17- 4-40), Sergio Miguez ( 24-5-01), José Luis Mariño (25-5-20) e Daniel López (59-11-37).

lunes, 11 de agosto de 2014

SERGIO MIGUEZ REPITE VICTORIA DE ETAPA NA VOLTA A TOLEDO

  O ciclista vigués do GD Supermercados Froiz, Sergio Míguez, segue a demostrar o seu bó momento de forma na Volta a Toledo e hoxe acadou a súa segunda victoria parcial, sobre tres posibles, na ronda manchega.

 Miguez venceu ao sprint, logo dos 144 kilómetros da etapa disputada entre Navalcarnero e Villarubia de Santiago, e impúxose a David Santillana (GS Valencia) e Jesús Rubio (Caja Rural).

  O resto dos galegos participantes na ronda toledana chegaron no pelotón nos seguintes postos: David López (19º), Aser Estévez (21º) e José Luis Mariño (29º).

  Mañá dispútase a cuarta e última tirada da ronda toledana que se inicirá no Polígono Industrial da Cidade do Alcázar e rematará no Paseo De Zocodovar da mesma capital manchega, logo de 137 kilómetros no que os corredores deberán superar os altos de Cerro Los Palos  (2ª categoría, kilómetro 7 ), Robledillo (1ª categoría, kilómetro 57) e Milagro (2ª categoría, kilómetro 88).

 Na xeral non hai trocos, logo da etapa de hoxe. e Pedro Merino (Froiz) conserva a camisola de líder co mesmo tempo do andaluz Antonio Pedrero (Lizarte) e con 11 segundos de aventaxe sobre José Antonio De Segovia (Froiz)  en tanto que os galegos figuran nas seguintes posicións: Sergio Miguez (16º a 4 m 34 seg), Aser Estévz (19º a 4-37), José Luis Mariño (22º a 4-37) e David López (64º a 10-54).

RESULTADOS DO DHU " O MARISQUIÑO"


O "rider" portugués José Borges marcou o mellor rexistro no descenso Urbano "O Marisquiño" celebrado onte en Vigo. o corredor luso marcou un tempo de 1 minuto 19 segundos e 15 centésimas nun percorrido desde O Castro ata o porto de Vigo.

  A continuación do luso quedaron na clasificación Edgar Carballo( Valdebicis) e Angel Suárez (Sportpasión) en tanto que a galega Rosi Martínez (C.C.Coruxo) marcou o mellor tempo nas féminas cun tempo de 1 miunuto, 42 segundos e 117 centésimas.

Podes consultar as clasificacións completas premendo aquí

domingo, 10 de agosto de 2014

GUSTAVO CÉSAR PRIMEIRO DE PORTUGAL

 
Hai un ano quedou a só catro segundos da gloria pero celebrouno porque foi superado polo seu compañeiro e amigo Alex Marque, este ano centrou a tempada co único obxectivo de gañar e acadouno, o vilagarcián Gustavo Veloso xa é o terceiro galego en triunfar na Volta a Portugal .

   Veloso sucede así no palmarés da Grandissima a David Blanco e Alex Marque e prolonga unha F
xeira que suma 7 das últimas 9 edicións da proba lusa con victorias galegas. Ademáis o seu escudeiro moañés . Delio Fernández acompañouno no podio final ao acadar á terceira posición na clasificación. final.

  A derradeira tirada da proba lusa respondeu ás espectativas con intentos de fuga e control dos equipos dos velocistas, Caja Rural e Banca Bic para lograr a victoria na Avenida da Liberdade lisboeta. No sprint victoria do luso Manuel Cardoso que acadou deste xeito a terceira victoria parcial do ciclismo portugués na sua competición

   A segunda posición foi para o italiano do Caja Rural Davide Vigano e o terceiro posto foi para o ruso do Lokonspink . Sergei Shilov. Delio entrou no posto 22, Veloso no 37 e Pablo Torres no 61.

     Na xeral final Veloso impúxose na proba con 2 min e 1 segundo de marxe sobre Rui Sousa e 2-54 sobre Delio Fernández en tanto que o coruñés Pablo Torres finalizou a 2h-2min e 39 segundos no posto 101.

Declaracións do vencedor e clasificacións da Volta

PEDRO MERINO E O NOVO LÍDER DA VOLTA A TOLEDO

  A dureza da segunda etapa da Volta a Toledo causou estragos no pelotón e o vigués do Súper Froiz, Sergio Miguez, non puido manter o liderato a acadado na primeira tirada ainda que o equipo de Evaristo Portela mantén a camisola amarela grazas ó triunfo na xornada do ex-profesional Pedro Merino.

   Merino chegou á meta acompañado do andaluz Antonio Pedrero cunha marxe de 11 segundos sobre un pequeno grupo que encabezou o abulense José Antonio De Segovia .

  Os catro galegos participantes na proba chegaron no pelotón principal a 4 minutos e 37 segundos do gañador e ocuparon os seguintes postos : Aser Estevez (34), Daniel López (36) , José Luis Mariño (39) e Sergio Miguez (54).


  Na xeral, Merino é o novo líder con Pedrero no mesmo tempo. De Segovia e terceiro a 11 segundos e os galegos están así : Sergio Miguez (17 a 4-34), Aser Estevez ( 24 a 4-37), José Luis Mariño (26 a 4-37) e Daniel López (69 a 10-54).

  Maña terá lugar a penúltima tirada da proba manchega con saida en Naval armero e remate, logo de 144 kilómetros, en Villarubia de Santiago e os ciclistas deberán superar dous portos de Terceira categoría nos kilómetros 66 e 118 da xornada.

MAIS DE 200 PARTICIPANTES NO DESAFÍO EZEQUIEL MOSQUERA

  A localidade de Becerreá foi, por segundo ano consecutivo, o punto de saida e chegada do Desafío Ezequiel Mosquera-Gran Fondo Pan de Zarco que contou nesta  edición cun padriño de excepción na figura do ciclista estradense Alex Marque.

  Mais de 200 ciclistas afrontaron unha proba que se desenvolveu baixo unha fresca temperatura, e o millor na liña de meta foi Javier Busto ( CC De la Fuente) que se impuxo na meta a Damián Ramos, Brandán Márquez e Alex Marque.

tra-la competición .que contou con dous percorridos, un deles máis curto para os mais veteranos ou os menos preparados, os participantes disfrutaron dunha degustación de tenreira galega .

    En resumen ,novo éxito de EME Sports nunha marcha que se está a consolidar no calendario español do cicloturismo de Gran Fondo.

RESULTADOS DAS PROBAS GALEGAS DE CICLISMO DE BASE

  Onte, sábado, celebraronse o Grande Premio do Albariño de ciclismo en estrada e o Trofeo de Mini BTT de Viveiro.

  Na proba mariñá deronse cita 84 corredores vencendo Xian aquí tela e Laura Rua, ambo-los dous do CC Cambre entre os prebenxamins, Hugo Gómez (Cambre) e María Filgueiras (Caimanes Betanzos) foron os millores entre os promesas, Máximo Durán ( Caimanes Betanzos) e Claudia Pérez gañaron na categoría de principiantes, Jorge Fernández ( Monteferro) e Aroa Mediavilla ( Cambre) foron os mellores alevins e Martín Azpilicueta e Andrea García, integrantes do CC Cambre impuxerónse entre os infantís .

  205 ciclistas díronse cita no histórico Trofeo do Albariño con victorias para Iván Muñiz ( CC Barbanza) e Genma Dacosta ( CC Cangas) na proba de principiantes, Miguel Ángel Mera ( Muebles Compostela) e Aída González ( CC Maceda) lograron á victoria en alevins, Roi Domínguez ( Óscar Pereiro) e Carla Fernández ( CC VIGUES ) triunfaron entre os infantís, en tanto que os cadetes gañaron José Roberto Chas e Andrea Tomé .ambo-los dous do CC Cambre e en junior o corredor do CC VIGUES Lois Rodríguez impúxose nun emocionante sprint a Jon Ander Tome ( CC Cambre) . Pola sua banda, Chus Barros ( CC Spol-Concello de O Porriño) foi á millor nas elite femininas e Paula Sanmartin ( CC Vigues ) foi a gañadora entre as junior femininas.

Clasificacións Grande Premio do Albariño

Clasificacións Trofeo de Mini BTT de Viveiro

sábado, 9 de agosto de 2014

SÁBADO DE GLORIA PARA O CICLISMO GALEGO

O VIGUES SERGIO MIGUEZ GAÑA A ETAPA E LIDERA A VOLTA A TOLEDO
A Volta a Toledo non puido principiar millor para o Súper Froiz xa que o vigues Sergio Miguez venceu a primeira etapa i é o primeiro líder dunha das probas históricas do calendario amateur español.
Miguez entrou en solitario na liña de meta de Consuegra logo dos 124 kilómetros dunha primeira tirada que se iniciou en Ocaña e cunha aventaxe de tres segundos sobre un pelotón perseguidor formado por 20 corredores. Neste grupo perseguidor estaban os seus compañeiros de equipo José Antonio De Segovia (9) Aser ESTEVEZ (10), Pedro Merino (11). Cristóbal Sánchez (12). Xosé Luis Mariño (14) e Daniel Francisco (16). Peor sorte tivo o galego do Caja Rural,Daniel López, que cedeu 6 minutos e 20 segundos e ficou no lugar 84. Mañá, domingo, terá lugar a segunda das catro tiradas da competición, con inicio en Camarena e remate en Guadamur logo de 145 kilómetros e cun final complicado con dous portos nos últimos 30 kilómetros da xornada. A victoria de Miguez pon a guinda a un gran sábado para o ciclismo galego co triunfo na crono de Portugal de Veloso que é virtual gañador da proba lusa e estará acompañado no podio final de Lisboa polo moañés Delio Fernández na Terceira posición.